Portal:Grecia antiga/Artigo destacado/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lar de bronce do século I.

A Ilíada (en grego antigo: ἸλιάςAFI: [iːliás]) é, xunto coa Odisea, o primeiro gran poema da literatura grega e o primeiro momento da chamada historia dos xéneros poéticos gregos. Atribuídas as dúas xeralmente a Homero, foron consideradas polos gregos da época clásica como as dúas obras máis importantes da súa literatura. Eran, para eles, a base da súa pedagoxía (paideia) e a súa recitación constituía unha parte central das cerimonias comunitarias gregas. Os estudosos disputan se Homero existiu, cando, e se nomea a un único individuo ou a un grupo de rapsodos.

Evaristo de Sela publicou en 1977 en Vigo unha tradución parcial ao galego da Ilíada na colección Pombal de Edicións Castrelos. Do mesmo tradutor é a versión completa de 1990 baixo o selo do Consello da Cultura Galega, os cales son responsables tamén da tradución da Odisea, aparecida en 1992.