Portal:Finlandia/Cidade destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa (provincia de Finlandia Oriental). Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 hatibantes. A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo.

Tampere está situada entre dous lagos, o Näsijärvi e o Pyhäjärvi. Como entre ambos lagos hai un desnivel de 18 metros, os rápidos que os comunican, Tammerkoski, teñen sido unha importante fonte de enerxía ao longo da historia da cidade, máis recentemente xerando electricidade. Tampere é alcumada a "Manchester de Finlandia" polo seu pasado industrial como antigo centro da industria finlandesa.

Orixinalmente fundada como mercado á beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia, catro anos despois, o 1 de outubro de 1779, concedéronselle dereitos de cidade.