Portal:Cultura castrexa/Artigo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os artigos destacados no portal da cultura castrexa:

1[editar a fonte]

A sauna castrexa (ou monumento con forno) é unha construción megalítica propia da cultura castrexa (territorio da antiga Gallaecia: Galicia, occidente de Asturias e Norte de Portugal) que consistía nunha sauna de uso ritual (rituais do baño de vapor).

Nun principio pensouse que a orixe destas saunas galaicas era romana, porén hoxe sábese que xa existían nos castros varios séculos antes. Comezan a construírse a fins do século V a.C. ou comezos do século IV a.C.. Algunhas saunas continuaron a ser empregadas en tempos romanos, polo que sufriron reformas e engadidos na súa estrutura para se adaptaren a novos usos termais. Son edificios rectangulares diferentes ás outras construcións dos castros, cunha gran pedra decorada no medio do edificio (pedra formosa) que facía de separación e cun buraco na parte baixa coma porta de acceso á cámara da terma e evitaba a perda do vapor e da calor.

Téñense identificado oito saunas castrexas en Asturias e Galicia, existen ademais outros casos de discutible identificación.


2[editar a fonte]

Os galaicos (termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί) eran un conxunto de pobos de cultura e lingua celtas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus/gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego.

Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase ao período previo á integración destes pobos no Imperio romano, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.


3[editar a fonte]

O diadema de Moñes (antigamente de Ribadeo é unha xoia de ouro da cultura castrexa, atopado en Moñes, no concello asturiano de Piloña. Está datada cara aos séculos III ou II a. C.

A peza está formada por unha ancha lámina rectangular, dividida en dúas bandas horizontais, con baixorrelevos que representan escenas nas que aparecen guerreiros a pé e a cabalo, armados con puñais curtos e lanzas, con escudos pequenos e cascos de cornos ou penachos, personaxes (quizais divindades cornudas) portando grandes caldeiros ou ánforas (nunha probable analoxía co caldeiro de Gundestrup) e un pequeno poldro.


4[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Artigo destacado/4

5[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Artigo destacado/5

6[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Artigo destacado/6

7[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Artigo destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Artigo destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Artigo destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Artigo destacado/10