Portal:Ballet/Personalidade destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mikhail Nikolaevich Baryshnikov (en ruso Михаил Николаевич Барышников), nado o 28 de xaneiro de 1948 en Riga (actualmente en Letonia e daquela na República Socialista Soviética de Letonia, Unión Soviética), é un bailarín, coreógrafo e actor de orixe rusa e naturalizado estadounidense. Estivo casado coa actriz Jessica Lange, coa que tivo unha filla antes da súa separación.

Tras formarse na Escola de Ballet da Ópera de Riga e na Academia Vaganova, comezou a súa carreira profesional no Ballet Kirov de Leningrado (actual San Petersburgo). En 1974, durante unha xira por Canadá, solicitou asilo político en Toronto, marchando dous anos despois aos Estados Unidos, onde tras formar parte de varias compañías pasou a formar parte do American Ballet Theatre. En 1977, foi nominado para o Oscar ó mellor actor secundario e obtivo unha nominación aos Globos de Ouro polo seu papel de "Yuri Kopeikine" na película The Turning Point.