Portal:Ballet/Artigo destacado/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ballet de l'Opéra National de Paris (en galego Ballet da Ópera Nacional de París) é unha compañía de ballet da cidade de París (Francia). Trátase da compañía de ballet nacional máis antiga do mundo, e moitas compañías de ballet europeas e internacionais poden remontar as súas orixes a el. Sempre foi unha parte integral da Opéra de Paris, que foi fundada en 1669 como a Académie d'Opéra (Academia da Ópera), aínda que a danza teatral non se converteu nun compoñente importante da Opèra de Paris ata 1673, logo de que fora renomeada como Académie Royale de Musique (Academia Real de Música) e posta baixo a dirección de Jean-Baptiste Lully. A Opéra de Paris tivo diferentes nomes oficiais ao longo da súa historia, mais dende 1994 é chamada Opéra National de Paris (Ópera Nacional de París). A principal sede da compañía é o Palais Garnier.

A compañía divídese en cinco rangos inmutables, que son os seguintes dende o nivel máis baixo: quadrille, coryphée, sujet, premier danseur e étoile. Os tres niveis máis baixos constitúen o corps de ballet. Algúns bailaríns famosos que formaron parte da compañís foron: Yvette Chauviré, Sylvie Guillem, Emma Livry e Marie Taglioni.