Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- ... os templos de Abu Simbel, Dakka, Maharraqa, uadi es-Sebua, Amada, Derr, Taffa, Debod, Dendur e Ellesiya foron desmantelados na década de 1960 para salvalos das augas do lago Nasser? Os primeiros foron colocados noutras cotas, e os tres últimos entregados a España, Estados Unidos e Italia pola axuda prestada na construción do encoro de Asuán.
- ... a primeira reforma relixiosa de que se ten memoria foi levada a cabo polo faraón Akhenatón impoñendo o culto a Atón?
- ...a pedra de Rosetta é unha estela exipcia da época tolemaica que contén un texto en tres tipos de escrita e foi a peza chave para o inicio do descifrado dos xeróglifos exipcios antigos?