Portal:Andalucía/Biografía destacada/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abu al-Walid Muhammad Ibn Ahmad Ibn Munhammad Ibn Ruchd (أبو الوليد محمد بن احمد بن محمد بن احمد بن احمد بن رشد), filósofo e médico andaluz coñecido como Averroes, naceu en Córdoba en 1126 e morreu en Marrakech (Marrocos) en 1198.

Está considerado como un dos filósofos máis importantes do mundo árabe na conexión co pensamento aristotélico. Foi discípulo de Ibn Tufayl. Viviu en Sevilla e Córdoba onde exerceu como maxistrado. Era coñecido por Ibn Rushd, filósofo árabe musulmán, físico, xurista maliki e teólogo ashari; na súa cidade natal tamén estudou teoloxía, filosofía occidental e matemáticas co filósofo árabe Ibn Tufayl, e medicina co médico árabe Avenzoar.