Portal:Ópera/Sobre a Ópera/setembro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tristan und Isolde é unha ópera en tres actos con música de Richard Wagner e libreto en alemán do propio compositor baseado en boa parte no romance Tristan de Gottfried von Strassburg. Foi composta entre 1857 e 1859 durante o seu exilio obrigado en Suíza e Italia. Foi estreada o 10 de xuño de 1865 no Königliches Hof-und Nationaltheater de Múnic baixo a dirección de Hans von Bülow. A ópera foi inspirada pola súa aventura con Mathilde Wesendonck e a filosofía de Arthur Schopenhauer, e é recoñecida ámpamente como un dos cumios do repertorio operístico wagneriano.

Tristan und Isolde é definida por algúns críticos como a obra máis revolucionaria e perturbadora das xurdidas da pluma de Wagner, e ten sido considerado en múltiples ocasións como a orixe dun dos grandes capítulos da historia da música, a disolución da tonalidade tradicional e a súa sustitución no século XX por outros sistemas como o atonalismo ou o dodecafonismo, e exerceu una poderosa influencia nas xeracións posteriores de compositores.