Porta de galegos
Porta de galegos | |
---|---|
Presentación | |
Tipo | Porta amurallada |
Construción | |
Destruído | 1755 - 1884 |
A porta de galegos, en castelán puerta de Gallegos,[1] foi unha porta de acceso situada no tramo occidental da muralla de Córdoba, Andalucía. Estaba situada na actual confluencia entre a rúa Concepción e o Paseo da Victoria. Esta porta foi unha das máis importantes da cidade xa que era a saída a Sevilla pola Vía Augusta, polo que foi utilizada dende a súa construción en época romana até a súa demolición no século XIX.
Historia
[editar | editar a fonte]A porta orixinal construíuse en época romana, chamada Porta Principalis Sinistra por ser a porta occidental da cidade, e pola que pasaba a Vía Augusta que unía Corduba con Hispalis.[2] [3] Durante o dominio árabe recibiu o nome de Bab al-Amir.[4] Os musulmáns reconstruírona con cantaría de pedra franca almofadada e dúas colosais columnas nos laterais; os capiteis destes eran romanos, o que fai sospeitar que eran restos da porta anterior.[2]
Despois da conquista cristiá, fixeron nova a parte superior, colocando no centro as armas de Castela e, nos laterais, nas frontes dunhas acróteras que tiñan decoración, puxeron os escudos de Córdoba. [2]
En 1755 sufriu importantes danos debido ao terremoto de Lisboa, polo que foi reconstruída na forma que mantivo até 1864.[2]
En abril de 1863 iniciouse a demolición da porta de galegos como parte da actuación urbanística na zona así como a construción da avenida del Gran Capitán. En 1864 foi totalmente derrubada para ampliar a saída ao Paseo de la Victoria e facilitar o tránsito de persoas e mercadorías, sobre todo os días da Feria de Nuestra Señora de la Salud . [2]
Topónimo
[editar | editar a fonte]O nome que recibe a Porta de galegos ten dúas hipóteses diferentes:
- Esta foi a entrada das tropas galegas que acompañaron a Fernando III no ano 1236 na conquista de Córdoba. [2]
- A Porta de galegos foi o lugar onde se reunían os galegos especialistas no traslado de vultos ou paquetes.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Monumentos funerarios de la Puerta de Gallegos" (PDF). helvia.uco.es (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Teodomiro Ramírez de Arellano. "Paseo 8. Barrio de San Nicolás de la Villa: La Puerta de Gallegos y el origen de su nombre". Paseos por Córdoba (1873 - 1875). (dominio público). Arquivado dende o orixinal o 20 de septiembre de 2013. Consultado o 20 de septiembre de 2013.
- ↑ "Córdoba (I): Corduba, capital de la Hispania Ulterior". unaventanadesdemadrid.com. Consultado o 20 de septiembre de 2013.
- ↑ "La Córdoba islámica: las murallas". ArqueoCórdoba. Arquivado dende o orixinal o 23 de septiembre de 2013. Consultado o 21 de septiembre de 2013.