Popiół i diament

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Popiół i diament
Ficha técnica
DirectorAndrzej Wajda
ProdutorRoman Mann
GuiónJerzy Andrzejewski
Baseado enPopiół i diament, de Jerzy Andrzejewski
IntérpretesZbigniew Cybulski
Ewa Krzyżewska
Wacław Zastrzeżyński
MúsicaFilip Nowak
DistribuidoraKADR
Estrea3 de outubro de 1958
Duración103 minutos
OrixePolonia
Na rede
IMDB: tt0052080 Filmaffinity: 954754 Allocine: 3108 Rottentomatoes: m/ashes_and_diamonds Allmovie: v3080 TCM: 67693 TV.com: movies/ashes-and-diamonds Netlix: 60032451Editar o valor em Wikidata

Popiół i diament é un filme polaco de 1958 dirixido por Andrzej Wajda, baseado na novela homónima de 1948 do escritor polaco Jerzy Andrzejewski. Foi a terceira e última parte da "triloxía da guerra" de Wajda, tras Pokolenie (1954) e Kanał (1956). O título (que se podería traducir como "Cinsas e diamantes") vén dun poema do século XIX de Cyprian Norwid e fai referencia ao xeito en que se forman os diamantes baixo a calor e a presión exercida polo carbón.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Nunha pequena cidade polaca sen nome, o 8 de maio de 1945, o día que se rendeu oficialmente Alemaña, Maciek (Zbigniew Cybulski) e Andrzej (Adam Pawlikowski) son dous antigos soldados da Armia Krajowa, o Exército Nacional, agora soldados malditos, que teñen a misión de asasinar o comisario comunista Szczuka (Wacław Zastrzeżyński), mais fallan na súa primeira tentativa e asasinan por erro dous traballadores civís da fábrica de cemento. Danlles unha segunda oportunidade no principal hotel da cidade e sala de banquetes, Monopol.

Mentres, na sala estase organizando unha gran festa polo nomeamento dun ministro menor (e actual alcalde da cidade), por parte do seu asistente, Drewnowski (Bogumił Kobiela). Drewnowski é, de feito, un axente dobre, presente na primeira tentativa para matar a Szczuka. Maciek consegue unha habitación contigua ao seu obxectivo, tras engaiolar o recepcionista, falando de Varsovia, cidade natal de ambos. Con isto, os seus ideais e conviccións son postos a proba ante a esperanza dun futuro mellor.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Referencias ó Levantamento de Varsovia[editar | editar a fonte]

O protagonista, Maciek, ten que levar lentes de sol todo o tempo, dende que estivo no Levantamento de Varsovia, que tivo lugar entre 1 de agosto e o 2 de outubro (63 días en total), e onde os insurxentes utilizaron os sumidoiros para moverse entre os barrios da parte central de Varsovia. A participación de Maciek na sublevación podería explicar a súa aversión aos soviéticos, cuxo Exército Vermello parado no lado leste do río Vístula non avanzou para axudar os insurxentes. Falando co porteiro, menciona Varsovia como un bonito recordo, evidentemente referíndose á destrución case total de Varsovia polos alemáns despois do fracaso da sublevación.

Acollida[editar | editar a fonte]

Popiół i diament está considerado polos críticos como unha das grandes obras mestras do cine polaco e o mellor filme realista polaco.[1] Martin Scorsese citou o filme como un dos seus 12 favoritos.[2] Nunha enquisa realizada a críticos pola revista The Village Voice, foi seleccionado como o 86º mellor filme de todos os tempos.[3] Richard Peña, no libro 1001 Movies You Must See Before You Die considera o final da película como un dos finais máis poderosos e máis veces citados da historia do cine.[4] A revista Empire colocouna no posto 38 da súa lista das cen mellores películas do mundo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Falkowska, Janina; Hames, Peter (2004). The Cinema of Central Europe. Wallflower Press. pp. 65–74. ISBN 1904764207. 
  2. "Martin Scorsese revela os 12 filmes favoritos". www.openculture.com. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  3. "100 Best Films". www.filmset.org. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  4. Peña, Richard (2012). 1001 Movies You Must See Before You Die. Cassell Illustrated. ISBN 9781844037339. 
  5. "As 100 mellores películas do mundo do cine". www.empireonline.com (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]