Ponte de Oresund
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Ponte de Oresund | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 55°34′35″N 12°49′18″L / 55.576444444444, 12.821638888889 |
Características | |
Construción | xullo de 2000 |
Lonxitude | 7845 m |
Ancho | 23,5 m |
Tipo | Alintelado / tirante |
Material | Formigón armado / aceiro |
A ponte de Oresund, (oficialmente Øresundsbron, nome híbrido dinamarqués/sueco), Øresundsbroen e Öresundsbron respectivamente nesas dúas linguas, liga ambas as dúas áreas metropolitanas da rexión de Oresund: a capital dinamarquesa, Copenhaguen, e mais a vila sueca de Malmö.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Foi inaugurada en 1999. A ponte posúe un dos meirandes vans centrais para pontes atirantadas do mundo, con 490 m. O piar máis alto mide 204 m. A lonxitude total da ponte é de 7.845 m, que vén sendo arredor da metade da distancia entre as ribeiras de Suecia e Dinamarca; o seu peso é de 82.000 toneladas. O resto da distancia cóbrese coa illa artificial de Peberholm (literalmente, illote da pementa) (4.055 m), chamado así en contraposición ao xa existente Saltholm (illote do sal) e despois un túnel (3.510 m) na ribeira dinamarquesa. A ponte ten unha altura libre de 57 metros para o paso de embarcacións. Porén, a maior parte dos paquebotes que circulan por Oresund fano a través do estreito de Drogden (onde se atopa o túnel).
Aproveitamento
[editar | editar a fonte]Dispón de dúas liñas ferroviarias e sobre eles seis carrís de autoestrada. É a ponte combinada tren-estrada máis longa de Europa. A ruta internacional europea E20 pasa por ela. O transporte ferroviario é operado de xeito conxunto pola empresa sueca Statens Järnvägar (SJ) e a compañía dinamarquesa Danske Statsbaner (DSB). A frecuencia dos trens Malmö-Copenhaguen é de intervalos de 20 minutos, e o prezo é moito máis baixo cá peaxe cando se trata dun único viaxeiro, o que propicia que a xente que viaxa por negocios se decanten polo tren, que cruza o Oresund en 25 minutos.
Tráfico
[editar | editar a fonte]No primeiro semestre de 2007, a media de tráfico roldou os 17.000 vehículos por xornada, o cal supuxo un incremento do 19% ao se comparar co ano anterior, 2006. O número de pasaxeiros de trens medrou neste mesmo período até nun 25%, e acadou os 4.3 millóns de usuarios.
Velaquí unha táboa explicativa cos datos entre 2001 e 2014[1]:
Ano | Motocicletas | Vehículos particulares | Vehículos 6-9 metros | Autocares | Camións | Total |
---|---|---|---|---|---|---|
2001 | 24.330 | 2.660.807 | 74.505 | 37.745 | 153.485 | 2.950.872 |
2002 | 25.868 | 3.106.318 | 73.942 | 41.433 | 180.803 | 3.428.364 |
2003 | 26.881 | 3.418.382 | 86.477 | 41.294 | 208.402 | 3.781.436 |
2004 | 33.615 | 3.908.014 | 94.232 | 58.270 | 230.546 | 4.324.677 |
2005 | 29.878 | 4.499.640 | 109.631 | 56.480 | 269.164 | 4.964.793 |
2006 | 32.387 | 5.203.178 | 143.609 | 55.510 | 307.909 | 5.742.593 |
2007 | 38.376 | 5.674.513 | 161.807 | 52.339 | 314.590 | 6.745.968 |
2008 | 35.012 | 6.502.882 | 161.386 | 47.979 | 341.106 | 7.088.365 |
2009 | 33.845 | 6.565.023 | 164.025 | 42.742 | 298.071 | 7.103.706 |
2010 | 31.254 | 6.499.956 | 172.573 | 44.523 | 328.295 | 7.076.601 |
2011 | 29.672 | 6.375.075 | 180.655 | 44.651 | 358.104 | 6.988.157 |
2012 | 27.187 | 6.148.107 | 180.037 | 41.564 | 368.921 | 6.765.816 |
2013 | 32.438 | 6.028.040 | 182.605 | 40.935 | 401.389 | 6.685.407 |
2014 | 34.087 | 6.217.111 | 194.495 | 50.362 | 422.222 | 6.918.277 |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oeresundsbron.dk". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2008. Consultado o 10 de febreiro de 2009.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ponte de Oresund |