Ponte Sigüeiro
Aparencia
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Ponte Sigüeiro | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 42°57′57″N 8°26′44″O / 42.965806, -8.445589 |
Río | Tambre |
Concello | Oroso |
Provincia | A Coruña |
Características | |
Material | Pedra |
A ponte Sigüeiro ou ponte de Sigüeiro é unha construción de cantería sobre o río Tambre, que une os concellos de Santiago de Compostela e Oroso.
Trátase dunha ponte de cantaría do século XIV que foi construída por orde de Fernán Peres de Andrade, O Boo, e modificada no século XV. Atópase na estrada N-550 A Coruña-Santiago de Compostela.
Nas proximidades da ponte tivo lugar o enfrontamento entre as tropas do goberno español e os sublevados dirixidos polo coronel Miguel Solís en 1846, que rematou coa derrota destes últimos e co seu fusilamento en Carral.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González López, Emilio (1980). Historia de Galicia. Biblioteca Gallega (Serie Nova) (en castelán). La Voz de Galicia. pp. 632. ISBN 84-85287-22-3.