Saltar ao contido

Ponte Morandi

Ponte Morandi
Xénova Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Ponte Morandi (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Características
 Material / ingrediente
Implicados
 Mantido por
 Arquitecto/a
 Enxeñeiro estrutural
Datas
 Data de remate
14 de agosto de 2018 bridge failure (en) Traducir
28 de xuño de 2019 demolición Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1963 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
28 de xuño de 2019 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
4 de setembro de 1967 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Transporte
 Permite o paso de
Cifras e dimensións
 Custo
   3.800.000.000 Editar o valor en Wikidata
 Altura
   90 m piar de ponte Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   1.102 m Editar o valor en Wikidata
 Número de arcos
   11 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Localización
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF149156374122007710006 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O viaduto Polcevera da autoestrada A10, tamén coñecido como ponte Morandi, foi un viaduto que atravesaba o regato Polcevera, ao oeste de Xénova. Atopábase situado entre os barrios de Sampierdarena e Cornigliano.

Construción

[editar | editar a fonte]

Foi deseñado polo enxeñeiro romano Riccardo Morandi, sendo construído entre 1963 e 1967 pola Società Italiana per Condotte d'Acqua. Foi inaugurado o 4 de setembro de 1967 coa presenza do entón presidente da República Giuseppe Saragat.

O 14 de agosto de 2018, preto das 11:30 hora local (UTC +2) e durante unha forte tormenta, colapsou unha sección de 210 metros da ponte sobre o regato Polcevera, soportada polo piar occidental da estuctura. Algunhas testemuñas informaron que a ponte foi impactada por un raio antes de colapsar.[1]

Como consecuencia do derrubamento desplomáronse tres camións e varios automóbiles, causando 43 falecidos.[2][3] A maioría dos vehículos caeron sobre o Polcevera, outros desplomáronse sobre os almacéns da compañía eléctrica Ansaldo Energía e sobre as vías do ferrocarril das liñas Xénova - Turín e Xénova - Milán.[4]

De acordo co diario italiano Corriere della Sera, dende 2013 presentáronse en Italia 11 casos de colapso de pontes, incluíndo o de Morandi.[5]

Fotografía da Ponte Morandi coa parte colapsada marcada en vermello.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]