Saltar ao contido

Polystichum aculeatum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Polystichum aculeatum é unha especie da familia Dryopteridaceae.

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta especie europea ten curtos talos marróns e escamosos, e frondes ríxidas, algo arqueadas, dun verde escuro lustroso e 30-75 cm de longo. Os brotes novos son algo amarelos. Soros xeralmente na parte superior da lámina, situados na parte media das veas secundarias. Forma unha mata duns 60 cm de alto e é unha planta robusta e nada esixente para bosques ou xunto á auga. Madura ao longo do verán.

Hábitat[editar | editar a fonte]

En zonas rochosas e sombrías, bosques, muros, etc., preferindo os sitios ricos en materia orgánica e ácidos.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Aspidium aculeatum subsp. lobatum (Huds.) Milde
  • Aspidium aculeatum var. aristatum (Christ) Merino
  • Aspidium aculeatum var. normale Christ ex Merino
  • Aspidium aculeatum var. vulgare Gren.
  • Aspidium aculeatum (L.) Sw.
  • Aspidium lobatum (Huds.) Sw.
  • Dryopteris lobata (Huds.) Schinz & Thell.
  • Polypodium aculeatum L.
  • Polystichum aculeatum subsp. lobatum (Huds.) Vollm.
  • Polystichum asperum Bubani
  • Polystichum lobatum (Huds.) Bastard
  • Polystichum lobatum (Huds.) Chevall.
  • Tectaria aculeata (L.) Lag., D.García & Clemente[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Polystichum aculeatum". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 26 de novembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]