Polykarpos Stavropoulos
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1963 ![]() Lepanto, Grecia (pt) ![]() ![]() |
Arcebispo metropolitano | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo ![]() |
Educación | Universidade de Atenas ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote ![]() |
Polykarpos Stavropoulos (en grego: Πολύκαρπος Σταυρόπουλος), nado como Panagiotis Stavropoulos (en grego: Παναγιώτης Σταυρόπουλος) en Naupacto (Reino de Grecia) o 15 de outubro de 1965, é un bispo ortodoxo constantinopolitano, metropolita de España e Portugal dende 2007.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu como Panagiotis Stavropoulos o 15 de outubro de 1963 en Naupacto (Grecia). Logo de rematar os seus estudos secundarios, graduouse en Teoloxía pola Universidade de Atenas en 1986 e de seguido fixo o servizo militar, até 1988. Posteriormente ampliou os seus estudos en Historia eclesiástica no Pontificio Instituto Oriental de Roma até 1990.[1][2]
Foi ordenado diácono o 15 de xaneiro de 1990 polo metropolita de Calcedonia Bartholomaios Archontonis, e ao día seguinte foi ordenado sacerdote polo metropolita de Naupacto e Agios Vlasios Alexandros Papadopoulos.[1] Logo da súa ordenación foi capelán até 2007 da igrexa de San Xurxo dos Gregos de Venecia, e a partir de 1992 tamén vigairo da arquidiocese de Italia e Malta.[1][2][3][4]
O 30 de abril de 2007 foi elixido metropolita de España e Portugal. Recibiu a ordenación episcopal de mans do patriarca Bartolomeu I o 6 de maio, tomando posesión da sé o 16 de xuño.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Nota biográfica de Su Eminencia el Metropolita" (en castelán). Consultado o 25/04/2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Ὁ Σεβ. Μητροπολίτης Ἱσπανίας καί Πορτογαλίας, ὑπέρτιμος καί ἔξαρχος Μεσογείου Θαλάσσης, κ. Πολύκαρπος" (en grego). Arquivado dende o orixinal o 26/02/2020. Consultado o 25/04/2017.
- ↑ D'Antiga, Renato (1995-1996). "La fondazione della metropoli greco-ortodossa d'Italia". Bollettino della Badia Greca di Grottaferrata (49-50): 218. ISSN 0005-3783.
- ↑ L'attività della Santa Sede nel 1999. Libreria Editrice Vaticana. 2000. p. 989.