Polseres vermelles
Aparencia
Polseres vermelles | |
---|---|
Formato | Drama |
Creado por | Albert Espinosa |
Dirixido por | Pau Freixas Oriol Ferrer |
Intérpretes | Àlex Monner Igor Szpakowski Joana Vilapuig Marc Balaguer Mikel Iglesias Nil Cardoner |
País de orixe | España |
Lingua(s) | Catalán / castelán (TNT) |
Produción | |
Duración | 45 min |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TV3 (Televisió de Catalunya) |
Primeiro episodio | 24 de xaneiro de 2011 |
Na rede | |
http://www.tv3.cat/polseres-vermelles | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Polseres vermelles é unha serie de televisión catalá emitida por TV3 (Televisió de Catalunya) en 2011,[1] creada e escrita por Albert Espinosa, dirixida por Pau Freixas e coproducida por ambos.[2]
A serie conta a historia dun grupo de mozos e mozas que coinciden nun hospital por mor das súas enfermidades, e fala da amizade, as ganas de vivir e o afán de superación. O guión orixinal estaba pensado para durar catro tempadas, pero TV3 só gravou dúas.
Repartimento
[editar | editar a fonte]Personaxes principais
[editar | editar a fonte]Actor/Actriz | Personaxe | Descrición |
---|---|---|
Àlex Monner | Lleó | O líder. Ten 15 anos e hai dous que está internado no hospital. Ten cancro e unha perna amputada. É o compañeiro de habitación de Jordi. |
Igor Szpakowski | Jordi | O segundo líder. Chega ao hospital cando empeza a serie. Ten 14 anos, ten cancro e teñen que amputarlle unha perna. |
Joana Vilapuig | Cristina | A moza. É a única rapaza dos "Polseres". Vive noutra planta e padede anorexia. |
Mikel Iglesias | Ignasi | O guapo. Chega por un desmaio e quédase no hospital. Nun principio non quere amigos, pero como ten que quedar un tempo no hospital únese aos "Polseres". Padece do corazón. |
Marc Balaguer | Toni | O listo. É o máis maior dos "Polseres", pero parece un neno pequeno. Ten a síndrome de Asperger e iso faino ser un pouco estraño. Entra no hospital por un accidente de moto. |
Nil Cardoner | Roc | O imprescindible. É o neno do grupo. Está en coma por unha caída dun trampolín dunha piscina. A súa nai sempre vai velo e fala con el. Ten unha relación moi especial con Toni, co que pode falar aínda que estea en coma. Cando desperta demostra que oíu todo o que pasou no tempo que estivo ausente. |
Personaxes secundarios
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Capítulos e audiencias
[editar | editar a fonte]Capítulo | En TV3 | En Antena 3 (versión que se puido ver en Galicia) | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nome | Data de emisión | Espectadores | Share | Nome | Data de emisión | Espectadores | Share | |
PRIMEIRA TEMPADA | ||||||||
1 | Respecte | 24 de xaneiro de 2011 | 459.000 | 14,2% | Todos los grupos tienen seis tipos de personas | 9 de xullo de 2012 | 3.031.000 | 17,8% |
2 | Esperança | 31 de xaneiro de 2011 | 503.000 | 14,8% | Las pérdidas pueden ser ganancias y las ganancias pueden ser pérdidas | 9 de xullo de 2012 | 3.132.000 | 20,7% |
3 | Alegria | 7 de febreiro de 2011 | 463.000 | 15,4% | Debes detenerte y mirar a tu alrededor para saber dónde quieres ir | 16 de xullo de 2012 | 2.716.000 | 17,5% |
4 | Diversió | 14 de febreiro de 2011 | 478.000 | 15,6% | Noches de lluvia en el hospital | 16 de xullo de 2012 | 2.809.000 | 19,9% |
5 | Suport | 21 de febreiro de 2011 | 475.000 | 14,8% | La decisión correcta | 23 de xullo de 2012 | 2.507.000 | 16,1% |
6 | Justícia | 28 de febreiro de 2011 | 512.000 | 16,3% | Tarde de domingo | 30 de xullo de 2012 | 2.425.000 | 15,9% |
7 | Supremacia | 7 de marzo de 2011 | 447.000 | 14,3% | Noche de San Juan | 6 de agosto de 2012 | 2.091.000 | 14,2% |
8 | Empatia | 14 de marzo de 2011 | 489.000 | 15,9% | Pérdidas y ganancias | 13 de agosto de 2012 | 1.835.000 | 14,0% |
9 | Tristesa | 28 de marzo de 2011 | 501.000 | 15,6% | La búsqueda del sueño | 20 de agosto de 2012 | 1.945.000 | 14,2% |
10 | Acceptació | 4 de abril de 2011 | 586.000 | 18,3% | Dividir la vida para que se multiplique | 27 de agosto de 2012 | 2.043.000 | 13,7% |
11 | Preocupació | 11 de abril de 2011 | 562.000 | 17,1% | Grandes problemas y pequeños problemas | 3 de setembro de 2012 | 2.550.000 | 14,9% |
12 | Organització | 18 de abril de 2011 | 522.000 | 18,3% | ¿Hay un ángel en el hospital? | 10 de setembro de 2012 | 1.839.000 | 12,5% |
13 | Superació | 2 de maio de 2011 | 656.000 | 21,6% | El fin | 17 de setembro de 2012 | 2.407.000 | 15,6% |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Polseres vermelles en TV3 (en catalán)
- Pulseras rojas en Antena 3 (en castelán)
- Polseres vermelles en IMDb (en inglés)