Polo ao allo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polo ao allo
Polo ao allo con patacas.
NomePolo ao allo
Lugar de orixeEspaña
IngredientesPolo

O polo ao allo[1] é un prato da cociña española cuxo principal ingrediente é a carne de polo. Trátase dunha preparación moi popular e de baixo custo que se adoita ofrecer en menús de moitos restaurantes españois.[2] Acostúmase servir quente acompañado con diversas gornicións de patacas, champiñóns ou ensaladas.

Características[editar | editar a fonte]

É unha preparación que precisa de diversas partes do polo troceadas en anacos, sacando aproximadamente entre tres e catro anacos de cada cuarto. Cada anaco adúbase e aromatízase con pementa. Todos a carne faise nunha ola con aceite fervendo. Unha vez dourados por igual, retíranse e no aceite restante tórranse allos e un chile. Logo disto, guísase o polo cun chisco de viño branco e zume de limón (nalgúns casos vinagre[2]). Por veces, vértese unha pequena cantidade de mollo español (ou un caldo de polo) para achegar un mesto caldo á preparación final. Existen preparacións do pollo ao allo nas que ó comezo os anacos de polo dóuranse ao forno e despois guísanse ao allo con viño branco e un caldo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González González, Manuel. Xunta de Galicia, ed. "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Elena Figueras Albi, (2009), Bueno, bonito y barato: 200 recetas tan ricas como económicas, Debolsillo, Madrid, pag. 210-211