Menú do día

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pratos dun menú do día nun restaurante español.
Paella, prato dun menú do día (España).

En restauración, o menú do día é o tipo de menú servido nos establecementos nos cales se oferta varios pratos dentro dunha oferta limitada, mantendo un prezo fixo, xeralmente económico, indepentemente do prato que se escolla.[1] Adoita estar composto por unha elección para o primeiro e o segundo prato. Nalgúns casos poden incluír tamén bebida, sobremesa ou café. É típico de España, e a súa orixe está no menú turístico que estableceu o ministerio de turismo en 1965 cun prezo máximo segundo a categoría do establecemento[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wayne Gisslen, (2004), «Essentials of professional cooking»,John Wiley & Sons, p:93
  2. Guía Turística Edelvives. España y Portugal. Luis Edelvives, 1965, p. 374

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Fideuá, prato dun menú do día (España).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]