Policleto
Nome orixinal | (grc) Πολύκλειτος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 490 a. C. Argos, Grecia |
Morte | c. 420 a. C. (69/70 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Alumnos | Aristides (pt) e Athenodorus of Kleitor (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Policleto de Argos, (en grego antigo Πολύκλειτος / Polýkleitos), tamén chamado Policleto, o vello para diferencialo de Policleto, o novo, nado no século V a.C. en Argos ou Sición, foi un dos máximos escultores gregos do período clásico, contemporáneo de Fidias e Mirón, moi recoñecido polos seus traballos en bronce.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi autor dun tratado, coñecido como Canon, no cal teorizou sobre as proporcións e as relacións numéricas ideais do corpo humano. O tratado perdeuse así como as súas obras esculpidas, mais a súa teoría e as realizacións artísticas sonnos coñecidas a través das copias romanas das súas estatuas, que testemuñan aínda a fama e a fortuna que tiveran entre os antigos.
Entre as estatuas de bronce executadas por Policleto as máis famosas son o Diadumeno (circa 430 a.C.), a Amazona ferida (circa 435 a.C.), a estatua crisoelefantina de Hera (circa 420 a.C.), e sobre todo o Doríforo (circa 450 a.C.). Nesta obra e claramente apreciábel o canon que inventou, en canto a altura da cabeza do suxeito é 1/7 da altura total do corpo.
O seu discípulo máis famoso foi Lisipo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Policleto |