Policarmo de Naucratis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Naukratis |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Lingua | Grego antigo |
Policarmo (en grego antigo Πολύχαρμος, latín: Polycharmus) foi un historiador da antiga Grecia de época incerta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É coñecido grazas a unha referencia de Ateneo de Naucratis, quen di que escribiu unha obra sobre Afrodita (Περὶ ̓Αφροδίτης), da que cita unha pasaxe. Por outra banda, é posíbel que se trate do mesmo escritor que o propio Ateneo cita como autor dunha obra sobre a rexión de Licia, en Asia Menor (Λυκιακά), que tamén utiliza Estevo de Bizancio[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Polycharmus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 453