Polígono industrial do Allo
Aparencia
Polígono industrial do Allo | |
---|---|
Tipo | polígono industrial |
Data de fundación | 2012 |
En | O Allo |
País | Galicia |
43°09′16″N 8°56′17″O / 43.1545, -8.9379166666667 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O polígono industrial do Allo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada na parroquia do Allo, no concello de Zas, a escasa distancia da vila de Baio.
Historia e descrición
[editar | editar a fonte]A urbanización do polígono data de 2012, aínda que a primeira das súas empresas xa se instalara en 1994 nos seus terreos antes de que estes tivesen a consideración de solo industrial[1].
Tamén denominado como "Área de Reparto AR-Sector-11", conta cuns 65.000 m2 de superficie nos que o Concello de Zas tivo que investir algo máis dun millón de euros para a súa urbanización.[2]
En xullo de 2012 tivo finalmente lugar, tamén, a inauguración do servizo de ITV, longamente demandado pola sociedade de Soneira e a Costa da Morte.[3][4][5][6]
Accesos
[editar | editar a fonte]- AC-552. P. K. 55-56.
- AG-55. Saída 58: "Baio (leste) / Zas - Santa Comba / Polígono industrial O Allo"
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cristina Viu (2012-02-14). "Cinco nuevas naves disparan la ocupación en O Allo al 60 %". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-01.
- ↑ "Polígono industrial O Allo, en Zas, provincia de A Coruña.". www.ingestin.com (en castelán). Consultado o 2017-05-01.
- ↑ Suárez, M. Carmen. "La Xunta confirma que la ITV estará en Baio y zanja la polémica con Cee". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2017-05-01.
- ↑ Jesús Trillo. El Correo Gallego. "Baio cuenta con la ITV más vanguardista de toda España" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2017-05-01.
- ↑ Suárez, M. Carmen. "La nueva ITV de Zas dará servicio a más de 35.000 vehículos de la comarca - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2017-05-01.
- ↑ Deindo (2012-07-04). "Abre finalmente a ITV de Zas tras moitos anos de loita". Que pasa na costa. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2017-05-01.