Saltar ao contido

Pobo triqui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo triqui
Triquis durante a procesión do domingo de Ramos.
 Instancia de
 Relacionados
Rexións principais
MéxicoOaxaca, Estado de México, Cidade de México e Baixa California
Wikidata C:Commons

Os triquis son un pobo indíxena que habita no noroeste do estado de Oaxaca, México, formando unha illa cultural no territorio mixteco.[1] Caracterízanse polos seus huipiles vermellos,[2] e algúns practican a relixión tradicional triqui xunto coa relixión católica.

Orixe lendaria

[editar | editar a fonte]

Na tradición oral dise que os triquis proviñan de Monte Albán, de onde foron expulsados por desobedecer as ordes do rei. Desprazáronse á parte baixa da costa oaxaqueña, pero debido ó clima extremadamente caloroso buscaron rexións máis altas e asentáronse en Tlaxiaco, de onde tamén os expulsou o cacique do lugar.[3]

  1. Grupo indígena mexicano que habita en la zona occidental del estado de Oaxaca, en la Mixteca Alta y en las sierras de Chicahuaxtla y de Coyoacán. Véxase: "Trique" en Diccionario del Español de México (DEM). El Colegio de México, A.C., consultado o 29 de marzo de 2019.
  2. Takahashi, Masako. Mexican Textiles: Spirit and Style. Chronicle Books. 2003.
  3. Comisión Nacional para el Desarrollo de los Pueblos Indígenas. "Triquis-Tinujei". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]