Pobo huaorani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pobo huaorani
Huaoranis.jpg
Homes huaorani nunha canoa.
Poboación
Poboación total:
c  2 500 (est  2001)
Rexións principais:
Flag of Ecuador.svg EcuadorNómades
Aspectos culturais
LinguaLingua huaorani
Relixiónanimismo e cristianismo
Grupos
relacionados
kichwa, Shuar, achuar, siona

Os huaorani, tamén chamados waorani, waodani ou aucas (termo quechua para «salvaxe») son un pobo indíxena da Amazonia de Ecuador. O seu territorio abrangue o espazo entre os ríos Curaray e Napo, nunha área duns 30.000 km² nas provincias de Orellana e de Pastaza. A poboación está dividida en diversas comunidades e conxuntamente representan uns 2.500 individuos.

Os huaorani falan a lingua huaorani, unha lingua illada. Tradicionalmente, os huaorani mantivéronse á marxe dos contactos con outros pobos e dos colonizadores (chamados cowode en huaorani, literalmente «caníbales non humanos»). Porén, nos últimos corenta anos, e especialmente por mor da penetración na selva de equipos de extracción petroleira, convertéronse en comunidades sedentarias estabelecidas en poboados na selva. Malia isto, cinco comunidades (os tagaeri, huiñatare, oñamenane e dous grupos de taromenane) rexeitaron calquera contacto con non-huaorani e desprazáonse a zonas máis illadas, cara á fronteira peruana.

Localización do Yasuní e territorio huaorani en Ecuador.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kane, Joe (1995). Savages. Alfred A. Knopf. 
  • Rival, Laura (1993). The Growth of Family Trees: Understanding Huaorani Perceptions of the Forest. Man 28. pp. 635–52. .
  • Rival, Laura (2002). Trekking through History. The Huaorani of Amazonian Ecuador. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11845-3. .
  • Robarchek, Clayton; Robarchek, Carole (2008). Waorani: the Contexts of Violence and War. Mason, Ohio: Cengage Learning. ISBN 978-0-15-503797-7. .
  • Seamans, Joe (1996). Nova. PBS. .
  • Lawrence Ziegler-Otero: Resistance in an Amazonian Community; Huaorani Organizing against the Global Economy. Berghahn Books, Nova York, NY 2004, ISBN 1-57181-448-5