Pluridisciplinariedade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A pluridisciplinariedade é a unión non integrativa de dúas ou máis disciplinas, pertencentes a un mesmo campo de coñecementos, que, aínda que tendo relación de obxecto, conservan os seus métodos e modelos propios como ocorre na multidisciplinariedade, pero na que se busca mellorar a relación metodolóxica entre elas.

Como exemplo de relación pluridisciplinar podemos citar a existente entre a Física e a Química para o estudo de certos sistemas ou procesos.[1] Isto implica a existencia de relacións de colaboración e complementariedade entre as diferentes disciplinas e a explicitación duns obxectivos comúns, sen a existencia dunha sistematización ou integración.[2]

Como exemplo, en cambio, de multidisciplinariedade poderíamos citar o estudo do obxecto dunha obra de arte coma o Guernica desde as disciplinas da pintura, da historia e a historia da arte, da química, do cromatismo, etc.

Categorías de relación entre disciplinas[editar | editar a fonte]

Aínda que non foi contemplada por Jean Piaget[3] na súa clasificación das relacións entre disciplinas, outros moitos autores si que o estableceron deste xeito, e foi obxecto de debate e estudo desde os primeiros anos do século XX xunto cos outros termos. Esta diferenza entre o multidisciplinar e o pluridisciplinar baséase na clasificación que estableceu Erich Jantsch[4] no Seminario da OCDE de 1979 e nos que tamén aparecen os conceptos de disciplinariedade cruzada, interdisciplinariedade e transdisciplinariedade. Existían estudos previos con clasificacións similares como a de Ryszard Wasniowski de 1971.

Outro estudo importante sobre esta delimitación é o de Cesar Scurati en 1974 que reforza a contigüidade entre disciplinas como elemento diferenciador coa multidisciplinariedade.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Torres Santomé, Jurjo. Globalización e interdisciplinariedad: el currículum integrado. . Madrid: Morata, 1994, p. 72. ISBN 847112372X.
  2. Jáuregui, Jorge Mario. Urbanismo y Transdisciplinariedad. Intersecciones (Puntuaciones en relación con el abordaje de la articulación de lo formal y lo informal en América Latina).
  3. Piaget, Jean. La epistemología de las relaciones interdisciplinarias. En L. Apostel, G. Berger, A. Briggs y G. Michaud (1975). Interdisciplinariedad: problemas de la enseñanza y de la investigación en las Universidades. México, D.F.: Asociación Nacional de Universidades e Institutos de Enseñanza Superior (ANUIES), pp. 153-171. (Original en francés, 1972).
  4. Jantsch, Eric. Hacia la interdisciplinariedad y la transdisciplinariedad en la enseñanza y la innovación. En L. Apostel, G. Berger, A. Briggs y G. Michaud (1975). Interdisciplinariedad: problemas de la enseñanza y de la investigación en las Universidades. México, D.F.: Asociación Nacional de Universidades e Institutos de Enseñanza Superior (ANUIES), pp. 110-144.
  5. Zabala Vidiella, Antoni. Enfoque globalizador y pensamiento complejo: una respuesta para la comprensión e intervención en la realidad. Barcelona: Graó, 1999, pp. 26-27. ISBN 8478272119.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]