Saltar ao contido

Plimpton 322

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plimpton 322
Material:Arxila
Peso:-
Medidas:9cm de altura
13cm de lonxitude
2cm de profundidade
Ano da descuberta:1922
Lugar:Larsa
Data:século XIX a.C.
Museo:G. A. Plimpton Collection na Universidade Columbia

Plimpton 322 é unha táboa de arxila babilónica, destacada por conter un exemplo de matemáticas babilónicas. Ten o número 322 na Colección G. A. Plimpton da Universidade de Columbia. Datada ao redor de 1800 a. C., ten escrita unha táboa de 4 columnas e 15 filas de números na escritura cuneiforme da época.

Esta táboa enumera dous dos tres números do que agora se chaman ternas pitagóricas, é dicir, os enteiros a, b e c, de tal forma que a2 + b2 = c2. Dende unha perspectiva moderna, un método para construír as ternas é un logro inicial significativo, coñecido moito antes de que os matemáticos gregos e indios descubrisen solucións a este problema.

Procedencia[editar | editar a fonte]

A táboa Plimpton 322 está parcialmente rota, mide uns 13 cm de ancho, 9 cm de alto e 2 cm de grosor. O editor neoiorquino George Arthur Plimpton comprou a táboa a un comerciante arqueolóxico, Edgar James Banks, arredor de 1922, e legoulla co resto da súa colección á Universidade de Columbia a mediados dos anos trinta. Segundo Banks, a táboa procedía de Senkereh, un sitio no sur de Iraq correspondente á antiga cidade de Larsa.

Datación[editar | editar a fonte]

Crese que a táboa foi escrita ao redor de 1800 a. C., baseándose en parte no estilo de caligrafía empregado para a súa escrita cuneiforme: Robson[1] escribe que esta caligrafía "é típica dos documentos do sur de Iraq de hai 4000-3500 anos". Máis concretamente, baseándose nas semellanzas de formato con outras táboas de Larsa que teñen datas explícitas escritas nelas, Plimpton 322 ben podería ser do período 18221784 a. C. Robson[1] sinala que Plimpton 322 foi escrito no mesmo formato que outros documentos administrativos da época.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Robson, Eleanor (2002). "Words and pictures: new light on Plimpton 322" (PDF). Mathematical Association of America 2 (109): 105–120. JSTOR 2695324. MR 1903149. doi:10.2307/2695324.