Pleven
| |||
Mapa | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información | |||
País | ![]() | ||
Superficie | 85 km² | ||
Poboación | 106.954 (2011) | ||
Densidade | 1,300 hab./km² | ||
Alcalde | |||
![]() | |||
Páxina Oficial |
Pleven (en búlgaro:Плевен, pronunciado:[ˈplɛvɛn]) é a sétima cidade en poboación de Bulgaria. Está localizada na parte norte do país, e é o centro administrativo da Provincia de Pleven, así coma da municipalidade de Pleven.
É coñecida internacionalmente polo Cerco de Pleven (ou cerco de Plevna, que é como se coñecía na antigüidade á vila) en 1877. Na actualidade constitúe o motor económico do nordeste e norte búlgaro, sendo a terceira cidade en poboación do norte do país, despois de Varna e Rousse.