Playa del Inglés
| Tipo | asentamento praia | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | San Bartolomé de Tirajana, España | |||
| ||||
| Sitio web | laplayadelingles.com | |||

Playa del Inglés é unha zona turística costeira do sur da illa de Gran Canaria, pertencente ao concello de San Bartolomé de Tirajana. Atópase entre as praias de Maspalomas e San Agustín.
É unha zona de Maspalomas construída a partir de 1962. Concibida para a súa explotación turística e para segunda residencia de vacacións, consturíronse centros comerciais, hoteis, edificios de apartamentos e complexos axardinados de chalés. Actualmente altérnase a poboación residencial, tanto de primeira como de segunda residencia, coa ocupación turística. É tamén unha coñecida meca do turismo gai, especialmente popular para os noreuropeos.
A praia ten ao redor de tres quilómetros, a mesma extensión que a de Maspalomas, e un ancho medio de 100 metros. A súa fina area dourada e as súas augas tranquilas convertérona nunha das praias máis populares de todo o país. Recibe visitantes durante os doce meses do ano.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Playa del Inglés |
| A Galipedia ten un portal sobre: Illas Canarias |

