Plaquetoaférese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A plaquetoaférese é a extracción selectiva das plaquetas do sangue dun doador. O corpo humano ten unha media de entre 150.000 e 400.000 plaquetas por milímetro cadrado de sangue, pero baixo certas circunstancias (leucemia, cancro, transplantes) a cifra pode baixar ata 5.000, polo que os doentes precisan moitas transfusións de plaquetas para recuperar o seu nivel normal. A cantidade eficaz dunha doazón específica de plaquetas coma a plaquetoaférese equivale á que se obtén en seis doazóns de sangue convencionais. Os bancos de sangue públicos precisan de tódolos grupos sanguíneos.