Placa Luminosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Placa Luminosa
OrixeSão Paulo, Brasil
Período1977 - actualmente
Xénero(s)MPB, pop, soul, Black Gospel Brasileiro, Boogie
Selo(s) discográfico(s)Lança Discos E Edições Musicais Ltda., RCA.
MembrosIsabêh [1], Edu Amaral, Ari Nascimento, William Sant'anna, Paulinho Paz, Marcos Castro, Daniel Pinheiro, Erik Escobar.
Antigos membrosJessé Luizão (1977-2020) † Ribah Nascimento (1977-2021) † Mário Lúcio, Manito, Fabinho
Na rede
[1]
Instagram: placaluminosaoficial Musicbrainz: 1c67344d-9a37-44f7-97f4-461c158fd757 Discogs: 1132550 Editar o valor em Wikidata

Placa Luminosa é unha banda brasileira da tendencia do soul, pop e Música Popular Brasileira con letras en portugués formada orixinalmente por catro brasilianos Jessé Florentino Santos (vocalista), Ari Nascimento (baixista), Ribah Nascimento (guitarrista) e Luizão (batería) mudados a São Paulo en xaneiro de 1975 para integrar a banda "Corrente de Força", proxecto musical paulistano formado por Pique Riverte que deixaba a banda "Casa das Máquinas". ​

O "Corrente de Força" abriu shows para Os Mutantes, tocou con Chrystian, nome artístico de José Pereira da Silva Neto- popular músico brasileiro con letras en inglés - e fixeron unha pequena xira con Archie Bell & the Drells, banda americana de R&B nalgunhas cidades do interior paulista e na capital.

Ao final do ano de 1976, Ari, Ribah, Jessé e Luizão, resolven deixar o "Corrente de Força" para formar "Placa Luminosa" en xaneiro de 1977. Para iso contratan ao saxofonista brasiliano Mário Lúcio e ao galego Manito (ex Incríveis)- que viña de facer unha parada co seu novo grupo "Som Nosso de Cada Dia" [2]

Discografía[editar | editar a fonte]

Coa estrea da nova formación para o proxecto Placa Luminosa os músicos, agora radicados en São Paulo, gravan ese mesmo ano un disco homónimo con RGE Discos (Rádio Gravações Especializadas) O primeiro éxito dese disco é a canción "Velho Demais", seleccionada para a trilla sonora da telenovela Sem Lenço, Sem Documento, da TV Rede Globo.

O disco máis coñecido da banda, Neon, comezou a producirse no ano 1981, mais a súa saída atrasouse a 1982. O disco nace coa influencia dos novos sons de baixo sintetizados do xénero funk e polo éxito da canción de Boogie "Mais Uma Chance" de Willy Santana, futuro vocalista de Placa Luminosa. A canción que abre Neon é "Grande Circo Universal" claro exemplo de boogie brasileiro. Noutras cancións como "Vendaval", "Luz" e "Quero Ver Girar" escoitase a influencia do Boogie de Lincoln Olivetti e Serginho Trombone e do Funk nas liñas de baixo, mesturadas co clásico son de soul, pop e MPB de Placa Luminosa.

Asemade, pese a grande influencia do Boogie e Funk dos Estados Unidos nos oitenta, a banda declara a influencia do Jazz-Funk británico como clave nese disco. Os remixes dos DJs británicos de temas orixinais de Herbie Hancock, Donald Byrd ou Lonnie Liston Smith influenciaba aos brasileiros e creaba un diálogo coa escena de clubs británica.[3] Onde despois os DJs europeos pinchaban cancións suramericanas como Azymuth "Jazz Carnival". "Olhos de Vera" e "Neon" fai unha clara referencias aos sons da escena de clubs do Jazz-Funk.

No ano 1988 a banda volve ser moi demandada en concertos ao vivo, radio e televisión polo éxito do Sinxelo “Fica comigo” vinilo da discográfica RGE coa canción seleccionada para abrir a telenovela, popular no país, “Top Model” (TV GLOBO - 1988 / 89) Pouco despois volven a repetir a fórmula con “Ego”, de RGE que contiña na Cara A a canción "Ego" e na B "Cover Girl", a primeira foi escollida para a telenovela “Mico Preto” (TV GLOBO - 1990 / 91).

No ano 2006, con novos integrantes, publican Beleza que se espalha co selo Atração Fonográfica, un álbum de funk/soul, o son clásico da banda, con arranxos de produtores de Música Latina e do chamado New Samba Jazz, asociado ao novo membro da banda Erik Escobar.

Rock in Rio[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 1985, os Placa Luminosa son o primeiro grupo de músicos brasileiros en subir ao palco do primeiro Rock In Rio ao lado de Ney Matogrosso para a apertura do Festival. Nese día intégrase ao grupo, como vocalista principal, William Sant’anna. Nese mesmo ano a banda participa do Festival dos Festivais (da Televisión Globo) ca canción “Mira Ira” (Lula Barbosa e Wanderlei) acadando o segundo lugar na clasificación xeral do festival, e sendo agraciados co premio aos mellores arranxos, outorgado a Mário Lúcio (1987).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Isabêh". 2020. Consultado o 25 de decembro de 2023. 
  2. "Placa Luminosa". 11 de xuño 2020. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  3. "Placa Luminosa – Neon". 11 de xullo de 2023. Consultado o 25 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]