Os Incríveis (banda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Incríveis
OrixeSão Paulo, Brasil
Período1962 - actualmente
Xénero(s)rock instrumental, surf music, twist, college rock
Selo(s) discográfico(s)GEL, a través do selo Continental CBS Argentina RCA Eldorado Discoberta
MembrosRubinho Ribeiro, Sandro Haick, Wilson Teixeira, Leandro Weingaertner e Netinho
Antigos membrosAroldo Santarosa, Demerval Teixeira Rodrigues (Neno) Domingos Orlando (Mingo), Manito, Nene Benvenuti, Waldemar Mozena (Risonho)
Na rede
[1]
Musicbrainz: 7ea4cce0-5b54-477a-a330-095fc5467abf Songkick: 2098388 Discogs: 338360 Editar o valor em Wikidata

Os Incríveis é unha banda brasileira da tendencia do rock, surf music e twist con letras en portugués formada orixinalmente por tres paulistanos Domingos Orlando (Mingo), Waldemar Mozena (Risonho) e Demerval Teixeira Rodrigues (Neno) e o vigués Antônio Rosas Sanches (Manito)[1]

Fundada en 1962 co nome inicial dos The Clevers, e cunha fase de 10 meses en 1964 rebautizados en castelán como Los Increibles cando foron contratados por Francisco Teixeira para actuar na Televisión Arxentina, para o cal prepararon letras en español. Ao remate dos 10 meses voltan ao Brasil como Os Incríveis e participan da estrea do programa Jovem Guarda da TV Record con Roberto Carlos, Erasmo Carlos e Wanderléa. En 1966, asinan un contrato coa TV Excelsior para comandar, nas tardes de domingo, o programa Os Incríveis. En 1967, móvense para a TV Tupi co seu programa propio, e Os Incríveis tórnase líder de audiencia nacional, chegando a rodar un filme ao final dese ano - Os Incríveis Neste Mundo Louco - dirixido por Brancato Júnior. [2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa volta da Arxentina o grupo competía xa en popularidade con outras bandas de twist, como os The Fevers e Renato e Seus Blue Caps, bandas que tamén aparecían no popular programa televisivo do Jovem Guarda nos sesenta.

Tras oito discos de estudo na discográfica RCA, entre 1967 e 1979, Domingos Orlando (Mingo) pivotou as composicións da banda a un estilo máis próximo ao pop de baile italiano dos setenta.

Ao final dos setenta a banda xa foi capaz de mesturar o rock progresivo e a psicodelia (con influencias citadas como Ronnie Von) o Forró (en cancións como Sem Vergonheira) o Samba-Rock (Vendedor de Bananas) e até a Bossa Nova (Estrada do Sol). Até mesmo cancións puramente instrumentais con guitarra e o son do habilidoso saxofonista vigués Manito. [3]

A partir dos oitenta a banda muda de integrantes case por completo mais séguense celebrando reunións e concertos homenaxe coas cancións orixinais durante, 2003, 2005 ou 2010, cun disco novo en 2018. A banda non se disolveu ata o día de hoxe.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudo[editar | editar a fonte]

Como The Clevers[editar | editar a fonte]

  • 1963 - Encontro com The Clevers (Twist) (Continental)
  • 1964 - Os Incriveis (Continental)
  • 1964 - Os Incriveis Vol. 2 (Continental)
  • 1965 - Dançando com The Clevers - Os Incríveis Vol. 3 (Continental)

Como Os Incríveis[editar | editar a fonte]

Álbums ao vivo[editar | editar a fonte]

Banda Sonora[editar | editar a fonte]

  • 1967 - Os Incriveis Neste Mundo Louco (Continental)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. www.dicionariompb.com.br/manito/biografia
  2. "Os Incríveis - 1966". 11 de xuño 2020. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  3. "Som n’A BOINA #04: Os (incompreendidos) Incríveis". 24 de febreiro 2017. Consultado o 18 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]