Pjetër Frroku
Pjetër Frroku | |
---|---|
Nacemento | 1967 |
Lugar de nacemento | Shkodër |
Nacionalidade | Albania |
Ocupación | escultor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pjetër Frroku, nado en Shkodra en 1967, é un escultor albanés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dunha familia mirditana,[1] Pjetër Frroku seguiu os desexos de seu pai e estudou economía e a carreira militar, ocupándose nesta profesión durante varios anos.
Mais as súas inquietudes estaban focalizadas nas artes plásticas, a pintura e a escultura e mantívose ideando un proxecto imaxinario na súa cabeza.
En 1997 múdase a Grecia.
Desde os primeiros anos de traballo, Pjetër Frroku é chamado "Tigre de Pedra", un alcume que determina a enerxía do artista no seu traballo e as súas ideas, levadas a cabo en tempo récord.
Obras[editar | editar a fonte]
O primeiro traballo de Pjetër foi un retrato de Alexandre Magno, realizada en pedra de tamaño 60 x 50 cm, que foi encargado polo dono dun hotel co mesmo nome, en Creta.
Outras obras do artista son:
- Retrato de mirditana (pintura).
- "Rinchar dos cabalos" (Hingëllima e kuajve en albanés): traballo en pedra situado na entrada da agrupación "Varuka" , na cidade de Rethimno, Creta.
- "León" (Luani en albanés): traballo en pedra, símbolo da cidade de Heraclión, situado no contorno dunha empresa desta cidade de Creta.
- Obras no Hotel Eva Bay, en Rethimno, Creta.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A república de Mirdita foi unha efémera república non recoñecida que se estableceu no ano 1921. Para ampliar información podes ler Republic of Mirdita na wikipedia en inglés
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- "Páxina persoal de Pjetër Frroku" (en albanés). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o 23 de outubro de 2013.