Tritón palmado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pintafontes palmado")
Tritón palmado
Triturus.helveticus.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Urodela
Familia: Salamandridae
Xénero: Lissotriton
Especie: L. helveticus
Nome binomial
'Lissotriton helveticus'
Razoumowsky, 1789
Triturus helveticus dis.png

Subespecies

L. helveticus helveticus
L. helveticus punctillatus
L. helveticus alonsoi

Sinonimia

Triturus helveticus

O tritón palmado[2] (Lissotriton helveticus) é unha especie de anfibio caudado pertencente á familia Salamandridae.

Atópase ao longo da Europa occidental e do norte, en lagoas, lagos, canais, forestas, terreos de pasto e agrícolas e as veces en áreas costeiras.

O seu período de reprodución comeza en febreiro ou abril. Postos os ovos (entre 100 e 300) na auga, as larvas (cágados) eclosionan en dúas ou tres semanas, rematando o seu desenvolvemento polo verán na auga. As larvas sofren unha metamorfose entre as sexta e a novena semana. As larvas tórnanse sexualmente maduras durante o segundo ano. Os adultos hibernan na terra, baixo os troncos ou pedras, entre os meses de novembro e marzo, raramente o fan dentro da auga.

Os machos adquiren membranas interdixitais nos membros posteriores durante a época de reprodución.

Os tritóns poden chegar a vivir entre 10 e 15 anos.

É bastante abondoso en Galicia, agás na parte oriental da provincia de Ourense.

Os principais riscos que sofre esta especie son a transformación do medio no que vive, o desecamento das zonas húmidas, a contaminación do seu medio, os lumes forestais e a introdución de especie foráneas no seu hábitat natural.

Distribución das subespecies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arntzen, J.W., Beebee, T., Jehle, R., Denoël, M., Schmidt, B., Bosch, J., Miaud, C., Tejedo, M., Lizana, M., Martínez-Solano, I., Salvador, A., García-París, M. & Gil, E.R. 2004. Lissotriton helveticus. In: IUCN 2007. 2007 IUCN Red List of Threatened Species. <www.iucnredlist.org>. Consultado o 13 de setembro de 2008.
  2. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.