Pino Puglisi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pino Puglisi
Nacemento15 de setembro de 1937
Lugar de nacementoPalermo
Falecemento15 de setembro de 1993
Lugar de falecementoPalermo
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
PremiosAward for Civil Valor
editar datos en Wikidata ]

Giuseppe Puglisi, máis coñecido como Pino Puglisi, nado en Brancaccio o 15 de setembro de 1937 e finado en Palermo o 15 de setembro de 1995, foi un sacerdote católico italiano, enfrontado e asasinado pola mafia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado nun barrio obreiro, era fillo dun zapateiro e unha costureira. Foi ordenado sacerdote en 1960. Tras traballar en varias parroquias, encomendóuselle a de san Caetano en Palermo nunha zona controlada pola mafia. Alí abriu un centro de acollida para nenos marxinados e comezou a denunciar abertamente as actividades mafiosas. Así mesmo, emprendeu un labor pastoral de cambio de mentalidades sometidas ao temor e a obediencia á mafia. Rexeitou as cuantiosas esmolas dos seus líderes, e impediu que participasen nas procesións relixiosas. Non acatou as coaccións para contratar as obras parroquiais a determinadas empresas.

No seu 58 aniversario foi asasinado diante da igrexa parroquial.

Significación[editar | editar a fonte]

A Igrexa Católica considérao un mártir e beatificouno o 25 de maio de 2013 nunha cerimonia á que asistiron decenas de miles de persoas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

•Deliziosi, Francesco (2013). Pino Puglisi, il prete che fece tremare la mafia con un sorriso, Milán: Rizzoli, ISBN 978-88-17-06658-7.