Pilates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muller praticando pilates.

O pilates (tamén chamado de método pilates) é unha disciplina física e mental que se centra en traballar os músculos posturais máis internos, dedicándolle unha atención especial á respiración e ao aliñamento, co fin de reeducar o corpo e facelo cada vez máis equilibrado, forte e flexíbel[1].

O método foi desenvolvido por Joseph Pilates na década de 1920.[2] A maioría dos exercícios execútanse coa persoa deitada.[2] Actualmente recoñécese coma unha técnica para o tratamento e prevención de problemas na columna vertebral.[3]  Un Centro ou Estudio de Pilates é normalmente o local onde se practica pilates no chan (Mat Work) e/ou sobre grandes e pequenos aparellos. O aparello máis coñecido de todos é o Reformer. Eventualmente un centro completo de pilates inclúe aparellos coma o Cadillac, Wunda Chair, High "Electric" Chair, Spine Corrector, Ladder Barrel e Pedi-Pole.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Termo galego e definición proposta polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.
  2. 2,0 2,1 "Avaliação isocinética da musculatura envolvida na flexão e extensão do tronco: efeito do método Pilates®" (PDF). Sociedade Brasileira de Medicina do Esporte; Scielo. 3 de novembro de 2004. Consultado o 3 de setembro de 2011. O método Pilates® desenvolvido por Joseph Pilates no início da década de 1920 tem como base um conceito denominado de contrologia. 
  3. "Pilates ajuda a fortalecer coluna, músculos da coxa e assoalho pélvico". Bem Estar. 14 de outubro de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2011. O pilates [...] hoje é uma técnica reconhecida para prevenção e tratamento de problemas na coluna. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]