Pierre Firmin Bédat
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de marzo de 1774 Baiona, Francia |
| Morte | 18 de xuño de 1851 Baiona, Francia |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial |
| Carreira militar | |
| Rango militar | coronel |
| Participou no conflito | Guerra da Independencia Española |
| Outro | |
| Título | Baron of the First French Empire (en) |
| Familia | Q3064998 |
| Premios | |
| |
Pierre Firmin César Auguste Bédat, nado o 11 de marzo de 1774 en Baiona, onde finou en 1851, foi un militar francés.
Xefe de escuadrón e coronel das tropas de Napoleón, foi nomeado por Napoleón I Baron de Empire o 9 de marzo de 1810. Foi tamén beneficiario en Westfalia e nomeado cabaleiro da Lexión de Honra.
Durante a guerra da independencia española estivo en Galicia baixo o mando do xeneral Soult, tendo acampado en Pontedeume co seu escuadrón de cabalería desde o 20 de xaneiro ao 2 de febreiro de 1809.
Pierre Bédat tivo dous fillos: Adèle, nada en 1796, e Pierre Marie Adolphe nado en 1800.