Saltar ao contido

Piedad Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPiedad Córdoba
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1955 Editar o valor en Wikidata
Medellín, Colombia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 2024 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Medellín, Colombia Editar o valor en Wikidata
Senador de Colombia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBogotá Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Bolivariana
Pontificia Universidade Xaveriana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, avogada, activista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Colombiano Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJuan Luis Castro Córdoba Editar o valor en Wikidata

Twitter: piedadcordoba Editar o valor en Wikidata

Piedad Esneda Córdoba Ruíz, nada en Medellín o 25 de xaneiro de 1955 e finada ibídem o 20 de xaneiro de 2024, foi unha avogada e política colombiana.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi membro do Partido Liberal durante toda a súa vida política e líder do movemento Poder Ciudadano Siglo XXI, situado na á esquerda do seu partido. Como congresista traballou principalmente polos dereitos da muller, as minorías étnicas e sexuais (sociedade LGBT) e os dereitos humanos.[2][3]

Foi Senadora da República dende 1994 até a súa destitución no 2010, logo de que a Procuradoría Xeral da Nación, na cabeza de Alejandro Ordóñez, a acusase de colaboración coas FARC, no denominado «Caso Piedad Córdoba».[4] O 27 de setembro de 2010 foi inhabilitada en primeira instancia por un período de 18 anos para exercer calquera cargo público na República de Colombia. Porén, logo dunha longa investigación, o 11 de outubro de 2016 o Consello do Estado retirou ambas as inhabilidades por falta de probas sobre os supostos vínculos da exsenadora coa guerrilla das FARC decisión que lle devolve a Piedad Córdoba a posibilidade de ocupar cargos públicos e de elección popular.[5]

En agosto de 2007 Córdoba involucrouse no tema do acordo humanitario entre as FARC e o goberno do presidente Álvaro Uribe autorizada polo goberno do cal era opositora, durante a súa mediación logrou, xunto co presidente venezolano Hugo Chávez, a liberación unilateral de 6 secuestrados que permaneceron en poder das FARC durante varios anos. Debido ás súas posicións políticas recibiu múltiples críticas e unha percepción negativa en varios sectores da opinión pública, mentres outros sectores apoiaron a súa xestión pola cal en 2008 foi nomeada ó Premio Príncipe de Asturias da Concordia.[6][7]

Córdoba continuou traballando pola liberación dos secuestrados e logrou convocar a un grupo de intelectuais de varios países para iniciar un diálogo epistolar coa cúpula das FARC.[8] Grazas ó intercambio epistolar, as FARC responderon os pronunciamentos de Córdoba e o seu grupo Colombianos e Colombianas pola Paz e decidiron liberar unilateralmente a tres policías e un soldado e ós últimos dous reféns políticos que permanecían no seu poder. Para a operación da liberación, levada a cabo en febreiro de 2009, a senadora contou co apoio do CICR e o goberno do Brasil, así como coa autorización do goberno colombiano.[9] Por estes actos, o Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel propuxo publicamente, e de maneira formal ante o Comité do premio Nobel en Oslo, o nome de Córdoba como candidata ó Premio Nobel da Paz 2009.[10] A senadora declarouse non merecedora do premio, aínda que o seu nome figurou entre os favoritos para obtelo.[11][12] Finalmente o premio recaeu no Presidente dos Estados Unidos Barack Obama.

En 2017, Córdoba anunciou oficialmente a súa intención de postularse para presidenta en 2018.[13]

  1. Tiempo, Casa Editorial El (2024-01-20). "Atención: fallece en Medellín la senadora Piedad Córdoba". El Tiempo (en castelán). Consultado o 2024-01-20. 
  2. "Piedad, José Renán y Miguel Ángel". Congreso Visible (Semana (Colombia)). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2009. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  3. "Entrevista con Piedad Córdoba por el escritor Fabio Martinez". Fabio Martínez (Con-fabulación). 
  4. "Fallo de destitución de la senadora Piedad Córdoba" (PDF). Procuraduría General de la Nación - Colombia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de outubro de 2010. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  5. "Piedad Córdoba vuelve al ruedo; Consejo de Estado le quita la inhabilidad". Semana (Colombia). 
  6. "Piedad Córdoba defiende con vehemencia su gestión como facilitara y sentencia: “No soy una terrorista”". Semana (Colombia). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2009. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  7. "La postulación de Piedad Córdoba". El Espectador (xornal). 
  8. "Intelectuales internacionales apoyan intercambio epistolar por paz colombiana". EFE (RPP). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  9. "ONU celebra liberación de rehenes". AFP (La prensa). Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2009. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  10. "Proponen Premio Nobel de la Paz a Piedad Córdoba". El Espectador (xornal). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  11. ""No merezco el Nóbel de la Paz", afirma la senadora Piedad Córdoba". El Tiempo (Colombia). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  12. "Piedad Córdoba se acerca al Premio Nobel de Paz". El Espectador (xornal). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  13. https://twitter.com/piedadcordoba/status/874593556970819584?ref_src=twsrc%5Etfw&ref_url=https%3A%2F%2Fwww.telesurtv.net%2Fenglish%2Fnews%2FHuman-Rights-Icon-Piedad-Cordoba-I-Will-Be-President-of-Colombia-in-2018-20170613-0011.html