Saltar ao contido

Pico Victoria, Belize

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pico Victoria.

O Pico Victoria ou Victoria Peak pertencente aos Montes Maia é a segunda cima máis alta de Belize, en América Central, con 1.120 msnm. O Victoria érguese no suroeste do país.

Durante certo tempo creuse que o Pico Vitoria era a maior altura do país, mais en realidade corresponde ao Doyle's Delight, con 1.124 m, que está situado a 57 km ao suroeste. O Victoria érguese no parque Cockscomb Basin Wildlife Sanctuary.

As primeiras exploracións e o ascenso do Pico Victoria ocorreu durante expedicións efectuadas en 1888 e 1889, aínda que parece que escalaron outro pico que tomaron polo Victoria[1].

  1. Katherine M. Emmons et al., Cockscomb Basin Wildlife Sanctuary, Producciones de la Hamaca, Belize and Orang-utan Press, Gays Mills, Wisconsin, USA (1996).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]