Josep Maria Soler
Josep Maria Soler | |
---|---|
Posición | Base |
Altura | 1,73 m (5 ft 8 in) |
Nacemento | 16 de nov. de 1943 (77 anos)![]() |
Carreira | |
Tempadas | 1958–1981 |
Canteira | Colegio Santa Ana / UE Mataró |
Internacional | 9 veces (España) |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (ACB) | |
Puntos | |
Asistencias | |
Roubos | |
Premios | |
| |
Adestrador | |
Josep Maria Soler Vicens, nado o 16 de novembro de 1943 en Mataró, Barcelona, e un ex xogador internacional e adestrador de baloncesto catalán que xogou durante a meirande parte da súa na Primeira División da Liga Española de Baloncesto. Internacional absoluto con España en 9 ocasións, estivo a piques de ser o primeiro xogador profesional do baloncesto español. O seu fillo, Jordi Soler, foi tamén xogador internacional de baloncesto. Cunha altura de 1,73 metros xogaba na posición de base.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Josep Maria Soler comezou a súa carreira no mundo do baloncesto no Colexio Santa Ana do seu Mataró natal.[1] Con quince anos, en idade xuvenil, é fichado pola canteira da UE Mataró. Dous anos despois, con dezasete, é subido ao primeiro equipo por Antoni Serra, famoso adestrador mataronés, xogando alí até o ano 1966, cando que ficha polo Picadero Jockey Club de Barcelona.
O equipo barcelonés, a base de talonario, conseguiu formar un gran cadro de xogadores, plantando cara aos equipos máis importantes da primeira división, como o Real Madrid e o Barcelona. No equipo presidido por Joaquín Rodríguez coincide con José María Soro, Chus Codina, Lorenzo Alocén e Miguel Albanell, entre outros, conseguindo nos cinco anos que estivo unha Copa do Rei en 1968 contra o Joventut, ademais multitude de subcampionatos.
En 1971 ficha polo FC Barcelona,[2] xogando no equipo culé até os trinta anos. Despois xogaría co CB Breogán, dandose a curiosa circunstancia de que no que ano que militou no equipo lucense, el seguía vivindo en Barcelona, desprazándose ata Lugo para xogar os partidos. O seu últimos ano en activo foron unha idas e vindas entre o Bàsquet Manresa e a UE Mataró, equipo onde finalizou a súa carreira sendo adestrador-xogador.
UE Mataró (1958-1966)
Picadero JC (1966-1971)
FC Barcelona (1971-1974)
Breogán Lugo (1974–1975)
Bàsquet Manresa (1975-1976)
UE Mataró (1976-1977)
Bàsquet Manresa (1977-1978)
UE Mataró (Adestrrador-xogador, 1979-1981)
Profesionalismo[editar | editar a fonte]
En 1974, ano no que finalmente xogou no Breogán de Lugo,[2] estivo a piques de converterse no primeiro xogador español en ser profesional, tras recibir unha oferta para xogar no Iberia Superstars, un equipo dunha liga europea profesional creada na época, a EPBL.
Internacional[editar | editar a fonte]
Josep Maria Soler foi 9 veces internacional coa selección de baloncesto de España absoluta. O seu fillo, Jordi Soler, chegou ser tamén internacional en dúas ocasión xogando no mesmo posto que o seu pai.