Philippe Lebon
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
Philippe Lebon | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de maio de 1767 |
Lugar de nacemento | Brachay |
Falecemento | 1 de decembro de 1804 |
Lugar de falecemento | former 8th arrondissement of Paris |
Soterrado | Cemiterio do Père-Lachaise |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | École Nationale des Ponts et Chaussées |
Ocupación | inventor, enxeñeiro e químico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Philippe Lebon (29 de maio de 1767 – 1 de decembro de 1804, foi un inventor, enxeñeiro e químico francés, inventor do gas de iluminación.
Naceu en Brachay, estudou na Escola de Enxeñería de Pontes e Camiños de París rematando en 1789 e foi profesor de mecánica na de París. Estudou as propiedades do gases de destilación da madeira, utilizándoas para a iluminación e a calefacción. Patentou en 1799 a thermolampe e en 1801 alugou unha casa onde realizaba demostracións públicas de como podía iluminar por medio do gas cidade a casa coa intención de conseguir investidores para fundar unha compañía que desenvolvese o seu invento. Ó non ser capaz de conseguilo volveu ás súas clases, aínda que o goberno francés lle deu unha concesión forestal para que investigase coa manufactura de alcatrán a partir da madeira para a súa utilización pola mariña.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Philippe Lebon ![]() |