Philippa Fawcett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Philippa Garrett Fawcett»)
Infotaula de personaPhilippa Fawcett
Biografía
Nacemento(en) Philippa Garrett Fawcett Editar o valor em Wikidata
4 de abril de 1868 Editar o valor em Wikidata
Brighton, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 1948 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónNewnham College (en) Traducir
Streatham and Clapham High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemática , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConselho do Condado de Londres (pt) Traducir (1905–1934)
Universidade de Pretória (pt) Traducir (1902–1905)
Newnham College (en) Traducir (1890–1902) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisHenry Fawcett (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Millicent Fawcett Editar o valor em Wikidata

Philippa Garrett Fawcett, nada en Brighton o 4 de abril de 1868[1] e finada en Londres o 10 de xuño de 1948,[2] foi unha matemática e educadora inglesa. Foi a primeira muller en obter a máxima puntuación no exame matemático Tripos de Cambridge. Ensinou en Newnham Universidade, Cambridge, e na Escola Normal (formación universitaria de profesorado) en Johannesburg, pasando logo a ser Administradora para o Concello do Condado de Londres.

Familiar[editar | editar a fonte]

Philippa Garrett Fawcett naceu no seo dunha familia culta e comprometida socialmente. Era filla da sufraxista Millicent Fawcett (nada Garrett) e Henry Fawcett, profesor de Economía Política en Cambridge e Director Xeral de Correos no segundo goberno de Gladstone.[3] A súa tía era Elizabeth Garrett Anderson, primeira muller doutora inglesa. Cando o seu pai morreu, ela e a súa nai foron a vivir coa irmá de Millicent Agnes Garrett, quen montara un negocio de deseño de interiores na rúa Gower, en Bloomsbury.[4]

Educación[editar | editar a fonte]

Philippa Fawcett foi educada na Universidade de Bedford, Londres (agora Real Holloway) e na Universidade de Newnham, Cambridge, que fora co-fundada pola súa nai.[5]

En 1890, converteuse na primeira muller en obter a mayor puntuación no Tripos, exame final da carreira de matemáticas da Universidade de Cambridge. Os resultados deste exame eran profusamente divulgados, con mención das cualificaciones superiores que recibían grandes loas. A súa puntuación fora un 13% máis alta que a do segundo máis alto, mais non recibiu o título de Maior Wrangler (que nese ano de 1890 recaíu en Geoffrey T. Bennett),[6] xa que os homes eran os únicos que aparecían nesa clasificación e as mulleres eran listadas por separado. Ás mulleres permitíaselles presentarse ao Tripos dende 1880, despois de que a Charlotte Angas Scott lle fose permitido presentarse de forma non oficial e quedara clasificada por riba do oitavo wrangler. Cando a lista das mulleres foi anunciada, Fawcett foi descrita "por riba do maior wrangler". Ningunha muller recibiu oficialmente o primeiro posto ata Ruth Hendry en 1992.[7]

Un poema anónimo escrito en 1890 rende homenaxe ao gran logro de Fawcett, alcanzando o seu clímax coas dúas estrofas seguintes, nas que se mencionan outros dous respectados matemáticos Arthur Cayley e George Salmon:[8]

Curve and angle let her con and
Parallelopipedon and
Parallelogram
    Few can equal, none can beat her
    At eliminating theta
By the river Cam.

May she increase in knowledge daily
Till the great Professor Cayley
Owns himself surpassed
    Till the great Professor Salmon
    Votes his own achievements gammon
And admires aghast.

No medio do movemento do sufraxio feminino, a fazaña de Fawcett conseguiu cobertura dos medios en todo o mundo, estimulando moita discusión sobre as capacidades e dereitos das mulleres. A noticia principal no Telegraph o día seguinte dicía:[9]

Unha vez máis a muller demostrou a súa superioridade fronte a un mundo incrédulo e un tanto antipático... E agora a última trincheira foi derrubada polo asalto amazónico, e toda a cidadela da aprendizaxe queda aberta e indefensa ante os vitoriosos estudantes de Newnham e Girton. Xa non hai ningún campo de aprendizaxe no que a dama estudante non destaque.

Carreira[editar | editar a fonte]

Fawcett no seu cuarto en Newnham Universidade (1891)

Despois da consecución do Tripos, Fawcett gañou a bolsa Marion Kennedy da Universidade de Cambridge[10] o que lle permitiu realizar a súa investigación en dinámica de fluídos. Os seus traballos publicados inclúen "Note on the Motion of Solids in a Liquid".[11]

Foi nomeada profesora universitaria universitaria de matemáticas na Newnham Universidade, traballo que mantivo durante 10 anos.[12] Neste posto, as súas habilidades docentes recibiron eloxios considerábeis. Un estudante escribiu:

O que recordo máis vívidamente do adestramento da profesora Fawcett era a súa concentración, velocidade e deleite contaxioso polo que estaba ensinando. Era desapiadada cos erros e o descoido... A miña máis profunda débeda con ela é o sentido da unidade de toda a verdade, dende o máis mínimo detalle ata o máis elevado que coñecemos.

Fawcett deixou Cambridge en 1902, cando foi nomeada profesora universitaria para a formación do profesorado de matemáticas na Escola Normal de Johannesburg, entón na colonia de Transvaal,[13] agora parte da Universidade de Pretoria, Suráfrica. Ficou alí, montando escolas en todo o país, até 1905, cando regresou a Gran Bretaña para obter un posto na administración de educación no Consello do Condado de Londres. No LCC, no seu traballo que desenvolveu en escolas secundarias, logrou un rango alto. Negada a súa titulación en Cambridge por razón do seu sexo, foi unha das damas do barco de vapor que viaxou a Irlanda entre 1904 e 1907 para recibir un título ad eundem da Universidade de Dublín no Trinity College.[14]

Fawcett Mantivo ligazóns fortes co Newnham College durante toda a súa vida. O edificio Fawcett (1938) foi nomeado en recoñecemento a súa contribución, e a da súa familia, á universidade. Morreu o 10 de xuño de 1948, dous meses despois de cumprir 80 anos, e un mes despois do decreto real que permitiu ás mulleres obter o grao de BA de Cambridge.(ver A educación das Mulleres na Universidade de Cambridge ).[2]

Legado[editar | editar a fonte]

O programa de prácticas Philippa Fawcett é un programa de investigación que ten lugar no verán no Centro de Ciencias Matemáticas da Universidade de Cambridge. Recibiu o seu primeiro grupo de estudantes en 2020.[15]

No lugar de West Cambridge da Universidade de Cambridge, existe o Philippa Fawcett Drive, xunto a estradas que levan o nome doutros profesionais notables en materias STEM, como Ada Lovelace, Charles Babbage e J. J. Thomson.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McWilliams Tullberg, Rita (23 de setembro de 2004). "Fawcett, Philippa Garrett". oxforddnb.com (en inglés). (require subscrición on-line). doi:10.1093/ref:odnb/39169. Consultado o 31 de maio de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Siklos, Stephen (2004). "Philippa Garrett Fawcett (1868-1948)". newn.cam.ac.uk (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2022. 
  3. "Philippa Garrett Fawcett". mathwomen.agnesscott.org. Consultado o 2022-05-31. 
  4. Crawford, Elizabeth. "‘Spirited Women of Gower Street: The Garretts and their Circle’" (PDF). ucl.ac.uk (en inglés). (Bloomsbury Project. University College London.). Consultado o 31 de maio de2022. 
  5. Ashton 2012, p. 235
  6. López, Alfred (12 de xuño de 2012). "Philippa Garrett Fawcett, la mujer que superó a los hombres en matemáticas". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2022. 
  7. Verdejo Rodríguez, Amelia (3 de agosto de 2015). "La mujer que superó a los hombres en matemáticas". mujeresconciencia.com (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2022. 
  8. Riddle, Larry (12 de xaneiro de 2022). "Philippa Garrett Fawcett". agnesscott.edu (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2022. 
  9. Series, Caroline. "And what became of the women?", Mathematical Spectrum, Vol. 30 (1997/8), 49-52
  10. Marion Kennedy, Newnham College, Retrieved 22 June 2017
  11. Fawcett, Philippa (1893). "Note on the Motion of Solids in a Liquid". The quarterly journal of pure and applied mathematics (en inglés) (Londres: Longmans, Green and Co.) XXVI: 231–258. Consultado o 31 de maio de 2022. 
  12. "Philippa Fawcett", Biographies of Women Mathematicians, Agnes Scott College
  13. Davis, A. E. L. "PHILIPPA FAWCETT 1868-1948" (PDF). slonfawcett.org.uk (en inglés). Archived from the original on 11 de marzo de 2014. Consultado o 31 de maio de 2022. 
  14. Parkes, S. M. (4 de outubro de 2007). "Steamboat ladies". oxforddnb.com (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/61643. Consultado o 31 de maio de 2022. 
  15. "Philippa Fawcett Internship Programme". maths.cam.ac.uk (en inglés). 2022. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2022. Consultado o 31 de maio de 2022. 
  16. "West Cambridge Site". map.cam.ac.uk (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "Philippa Fawcett", Biografías de Matemáticos de Mulleres, Universidade Agnes Scott.
  • O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Philippa Fawcett". MacTutor History of Mathematics archive. University of St Andrews. .
  • Rita McWilliams Tullberg, "Philippa Fawcett," Dicionario de Oxford de Biografía Nacional.
  • "Philippa Fawcett E o Matemático Tripos", S.T.C. Siklos, Publicou 1990