Pestiño
O pestiño é un doce típico de Andalucía, e doutras zonas de España, tradicionalmente consumido no Nadal, aínda que nalgunhas localidades se confeccione todo o ano. Faise con masa de fariña, fritido en aceite e pasado por mel[1]. En Valencia chámase pestinyo e aromatízase con anís e laranxa. Na provincia de Salamanca, onde tamén é popular, chámase sacatrapos ou sacatrapu e, como en Toledo.
É común aromatizar a masa con sésamo. O tamaño e forma son variábeis, aínda que xeralmente sexa un cadrado de masa con dous dos cantos opostos dobrados cara o centro. En vez de mel, ás veces úsase azucre. Alén da forma, tamén a composición varía segundo a rexión. En Málaga chámanse borrachuelos[2].
A historia do pestiño pode remontarse polo menos até o século XVI sendo probabelmente moito máis antigo. O pestiño está emparentado coa shebbakiyya marroquí, o que suxestiona unha posíbel orixe común, quizais andalusí.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sordo, Enrique (1980). Cómo conocer la cocina española (en castelán). Argos Vergara. pp. 30–33. ISBN 84-7017-907-1.
- ↑ Aguirre, Lakshmi I. "Borrachuelos". TertuliaAndaluza.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 12 de outubro de 2014.