Saltar ao contido

Pesqueiras, Pedrouzos, O Castro de Caldelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pesqueiras
ParroquiaPedrouzos
ConcelloO Castro de Caldelas
Coordenadas42°24′18″N 7°21′36″O / 42.405, -7.36
Poboación26 hab. (2011)
[ editar datos en Wikidata ]

Pesqueiras é un lugar da parroquia de Pedrouzos no concello ourensán do Castro de Caldelas na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o INE[1] e do IGE[2] en 2011 tiña 26 habitantes (14 homes e 12 mulleres), tres menos ca no ano anterior, cando tiña 29 habitantes (15 homes e 14 mulleres).

Está situada ao pé da Serra do Burgo, no suroeste do municipio, lindando co concello de Montederramo. Dedicada tradicionalmente á gandería vacún, ten amplos prados verdes dedicados ao pasto do gando. Posúe dúas fontes. A carón da aldea está a capela da Virxe das Neves, na que se celebra a súa festa o 5 de agosto.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Pedrouzos

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Pedrouzos no concello ourensán do Castro de Caldelas

Casmartiño | Filgueiras | O Penedo | O Pereiro | Pesqueiras | A Portela | A Pousa | Vilar

Parroquias do Castro de Caldelas

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Castro de Caldelas

Alais (San Pedro) | O Burgo (San Pedro) | Camba (San Xoán) | O Castro de Caldelas (San Sebastián) | Folgoso (Santiago) | Mazaira (Santa María) | Paradela (San Vicenzo) | Pedrouzos (San Mamede) | Poboeiros (San Xoán) | San Paio de Abeleda (San Paio) | Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra) | Sas de Penelas (San Fiz) | Santa Eulalia de Trabazos (Santa Eulalia) | Tronceda (Santiago) | Vilamaior de Caldelas (Santa María) | Vimieiro (San Xoán)

  1. ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2013.
  2. ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Castro Caldelas – Pedrouzos" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 19 de xaneiro de 2013.