Saltar ao contido

Perseverance (rover)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama representando a orixe dos instrumentos do rover.
Diagrama representando a orixe dos instrumentos do rover.

Vehículo da NASA empregado para a exploración de Marte. Forma parte da misión espacial MARS 2020, realizada en conxunto coa ESA. En setembro de 2021 recolle a primeira mostra de rocha marciana, nunha perforación feita non cráter Jezero.[1]

Despegou dende a base de lanzamento de Cabo Cañaveral en Florida o 30 de xullo de 2020 ás 11:50 UTC,[2] tendo noticia da súa chegada á superficie marciana o 18 de febreiro de 2021 ás 20:56 UTC (hai que ter en conta que o sinal de radio entre Marte e a Terra tarda varios minutos, un tempo variable segundo a posición relativa de ambos corpos)[3].

  1. mars.nasa.gov. "NASA's Perseverance Rover Collects First Mars Rock Sample". NASA’s Mars Exploration Program (en inglés). Consultado o 2021-09-10. 
  2. mars.nasa.gov. "Launch Windows". mars.nasa.gov (en inglés). Consultado o 2021-09-15. 
  3. Taylor, Alan. "Photos: NASA Prepares to Launch the Mars Rover Perseverance - The Atlantic". www.theatlantic.com (en inglés). Consultado o 2021-09-15.