Periclímeno (fillo de Poseidón)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía grega, Periclímeno foi o fillo de Poseidón con Cloris, filla do adiviño Tiresias.

Foi un dos defensores de Tebas cando foi atacada por Adrasto na guerra coñecida como Os sete contra Tebas. Matou a un dos sete príncipes, Partenopeo, lanzando sobre el unha pedra desde o alto da muralla.

"Reiniciado o violento combate, destacaron os fillos de Ástaco, pois ... Anfídico [matou] a Periclímeno; non obstante, de acordo coa versión de Eurípides, a Partenopeo matouno o fillo de Posidón, Periclímeno".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica III, 6, 8)

Logo saíu en persecución de Anfiarao pero non conseguiu matalo porque o tragou a terra, que se abriu cando Zeus lanzou un raio.

"Anfiarao refuxiárase xunto o río e Zeus, brandindo o raio, antes de que Periclímeno o ferira por detrás, fendeu a terra. Anfiarao, co seu carro e o auriga Batión... esfumouse, facéndolle Zeus inmortal".
(Pseudo-Apolodoro III, 6, 8)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]