Perfecto de Dios Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1931 Sandiás, España |
Morte | 16 de maio de 1950 (18/19 anos) Chaherrero, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Familia | |
Nai | Carmen Fernández Seguín |
Perfecto de Dios Fernández, nado en Sandiás en 1931 e finado en Chaherrero (Crespos, provincia de Ávila) o 16 de maio de 1950, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa nai Carmen Fernández Seguín actuaba de enlace para a oposición antifranquista logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o seu pai estivo fuxido no monte, e o seu irmán Camilo, que comezou a actuar de enlace aos 13 anos e incorporouse á loita armada en 1948, foi detido en 1949. Perfecto formou parte do grupo ao mando de Juan Sorga. Dende outubro de 1948 o grupo de Sorga tentou chegar a Francia. Na viaxe foron sorprendidos en 1950 pola Garda civil en Chaherrero (Crespos, provincia de Ávila) o 16 de maio, resultando morto Perfecto e detida a súa nai Carmen. Perfecto foi enterrado nunha fosa fora do cemiterio. Carmen Fernández Seguín foi xulgada en Ourense e condenada a trinta anos.
Os seus restos foron exhumados o 19 de xullo de 2014, para ser levados a Ourense.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2008). Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", ed. A Limia: 1931-1953. Historia e memoria. Sarreaus. pp. 361–364. ISBN 978-84-612-6855-9.