Percival Davson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Percival Davson
Nacemento30 de setembro de 1877
 Georgetown
Falecemento5 de decembro de 1959
 Paddington
NacionalidadeReino Unido
Ocupacióntenista e esgrimista
editar datos en Wikidata ]

Percival May Davson, nado en Georgetown o 30 de setembro de 1877 e finado en Londres o 5 de decembro de 1959, foi un tenista e tirador de esgrima inglés, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Davson xa xogaba torneos de tenis en Inglaterra en 1903. Competiu no Campionato de Wimbledon entre 1907 e 1926 logrando os seus mellores resultados nas edicións de 1914 e 1922 ao chegar a cuartos de final [1]. En 1919 xogou na final da Copa Davis contra Francia, perdendo en catro sets o seu primeiro partido contra André Gobert pero foi decisiva a súa vitoria sobre William Laurentz para desfacer o empate que deu a vitoria a Gran Bretaña[2].

Davson tamén era un tirador de sona, participou nos Xogos Olímpicos de 1908 conseguindo a medalla de prata co equipo británico de espada.

Notas[editar | editar a fonte]