Pep Subirós
Pep Subirós | |
---|---|
Nacemento | 1947 |
Figueres, ![]() | |
Falecemento | 7 de maio de 2016 |
Torroella de Montgrí, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e filósofo |
Xéneros | Novela, ensaio |
Premios | Premio Josep Plá |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Josep Subirós i Puig, nado en Figueres en 1947, e finado en Torroella de Montgrí, Baix Empordà o 7 de maio de 2016, foi un escritor e filósofo catalán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona (1965-1970). Durante o franquismo participou nas Plataformas Anticapitalistas e na Organización de Esquerda Comunista. Entre 1973 e 1983 foi profesor de filosofía na Universidade Autónoma de Barcelona, membro do Colexio de Filosofía e director das revistas Transición e El Viejo Topo. Posteriormente foi coordinador de Cultura do Concello de Barcelona e asesor do Alcalde Pasqual Maragall até 1997. Dende entón, exerceu como escritor, comisario de exposicións e organizador de proxectos culturais. Algúns dos seus libros foron traducidos ó alemán, ó castelán, ó italiano e ó inglés.[1]
Obra[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- 1984 Mites i raons de la modernitat
- 1992 L'esquerra i la qüestió nacional i altres paradoxes
- 1998 Breu història del futur i altres dispersions
- 2003 Sobre la felicitat i altres neguits
- 2010 Ser immigrant a Catalunya. El testimoni de vint-i-dos protagonistes
Novela[editar | editar a fonte]
Libros de viaxes[editar | editar a fonte]
- 1993 La rosa del desert
Galardóns[editar | editar a fonte]
- 1996 Premio Josep Pla de narrativa por Cita a Tombuctú
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (ed.). "Josep Subirós". web. Consultado o 23 de marzo de 2016.