Pentacerótidos
Os Pentacerótidos (Pentacerotidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense polos océanos Índico, Pacífico e suroeste do Atlántico.
Características[editar | editar a fonte]
Corpo fortemente comprimido, moi alto no xénero Pentaceropsis, con escamas pequenas. Os ósos da cabeza expostos e estriados ou rugosos. Boca terminal, co rostro algo prolongado.
Unha aleta dorsal, con de 4 a 14 espiñas fortes e 9-29 raios brandos; na anal, 2 a 5 espiñas fortes e 7-13 raios brandos; aletas pélvicas grandes cunha longa espiña e 5 raios brandos; caudal algo fendida.
Habitan fundamentalmente en ladeiras profundas, montes mariños e peláxicos, e poden aparecer na superficie en zonas temperadas, onde se pescan para consumo.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Comprende sete xéneros e 14 especies:
- Xénero Evistias (Jordan, 1907)
- Xénero Histiopterus (Temminck e Schlegel, 1844)
- Xénero Parazanclistius (Hardy, 1983)
- Xénero Paristiopterus (Bleeker, 1876)
- Xénero Pentaceropsis (Steindachner en Steindachner e Döderlein, 1883)
- Xénero Pentaceros (Cuvier en Cuvier e Valenciennes, 1829)
- Xénero Pseudopentaceros (Bleeker, 1876 )
- Xénero Zanclistius (Jordan, 1907)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pentacerótidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pentacerótidos |