Pelagophyceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pelagophyceae
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) SAR
Clase: Pelagophyceae
Andersen & Saunders, 1993
Orde

Pelagophyceae é unha clase de algas unicelulares heterocontas mariñas.[1][2] Estiveron clasificadas dentro de Chrysophyceae.[1]. En rexións como a costa do golfo de México teñen impacto na pesca xa que forman mareas "marróns" e sustentan a cadea trófica.[1]

Son ovoides e dun tamaño entre os 3-5 μm. Teñen unha teca orgánica, habitualmente estreita, que rodea a case toda a célula. Cando teñen flaxelos o aparato basal queda reducido a un menor tamaño. O pé dos flaxelos ten unha pequena hélice de transición, que está por riba da placa. A pelame dos flaxelos é bipartita ou tripartita, e sempre orientada no mesmo xeito. Carecen de placas "oculares", ou puntos de recepción lumínica [1].

Teñen cloroplastos con lamelas estreitas con tres tilacoides. Os plástidos conteñen clorofila a e c. A pigmentación que posúen son a fucoxantina, diatoxantina, diadinoxantina e nalgúns casos a 19'-butanoxilofucoxantina. Non teñen, porén, violaxantina. Posúen mitocondrias densas con cristas tubulares[3].

Adoitan ser bacterióvoros. Polo común, atópanse na fase vexetativa como células cocoidais flaxeladas con capacidade natatoria ou como masas celulares agregadas por algún composto excretado.[3]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Andersen, Robert A.; Saunders, Gary W.; Paskind, Michael P.; Sexton, Julianne P. (1993-10-01). "Ultrastructure and 18s Rrna Gene Sequence for Pelagomonas Calceolata Gen. Et Sp. Nov. and the Description of a New Algal Class, the Pelagophyceae Classis Nov.1". Journal of Phycology 29 (5): 701–715. ISSN 1529-8817. doi:10.1111/j.0022-3646.1993.00701.x. Consultado o 2017-02-16. 
  2. Robert Edward Lee. 2008. Phycology. Fourth edition. Cambridge University Press. isbn: 9780521682770.
  3. 3,0 3,1 Enciclopedia of Life. Pelagophytes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]