Pedro de Gracia Dei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro de Gracia Dei
Biografía
Nacemento1465 Editar o valor em Wikidata
Betanzos Editar o valor em Wikidata
Morte1530 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Zafra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxenealoxista , rei de armas , historiador , poeta Editar o valor em Wikidata


Pedro de Gracia Dei, nado en Betanzos? en 1465? e finado en Zafra c. 1530, foi un xenealoxista, historiador e poeta galego ao servizo dos Reis Católicos, de Carlos I, de Xoán II e outros nobres casteláns e portugueses.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Da biografía deste prolífico escritor non se sabe case nada, confésase “ gallego ”, sen precisar ningunha localidade, e tamén “ vasallo del rey castellano ”. En 1497 era cronista de Fernando o Católico e estivo vinculado á corte castelá nos últimos anos do século XV. Quizais estudou en Salamanca, afirma ser “ hijo de dicho studio ”, e ocupou o cargo de criado e rei de armas dos Reis Católicos. Á morte da raíña, á quen lle dedicou numerosos textos laudatorios, entrou ao servizo de Carlos I e sábese que debeu viaxar con frecuencia a Portugal, xa que unha das súas poucas obras impresas está dedicada ao rei portugués Xoán II.[1]

Parece ser que morreu en Zafra cara a 1530, cando estaba ao servizo do conde de Feria. Tamén se dubidou de que “ Gracia Dei ” fose o seu verdadeiro apelido.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Xenealóxica e heráldica[editar | editar a fonte]

  • Blasón general de todas las insignias del universo (1489)
  • Libro del Blasón de la Caballería
  • Crónica del Rey Don Pedro; las Ciudades y villas
  • Escudos de reyes y príncipes del mundo
  • Tratados especiales de los linages de Leyba y de la Cueva
  • Blasones de las armas e insignias de los principales linages de Castilla
  • Genealogías y blasón de los reyes de Castilla
  • Vergel de Nobles

Historiográfica[editar | editar a fonte]

  • Crónica de España
  • Summa de todos los reyes que han sido en España desde tiempo de los godos
  • Historia y defensa del rey Don Pedro
  • Relación del Rey don Pedro y de su descendencia

Poética[editar | editar a fonte]

  • La criança y virtuosa doctrina (1489)
  • Las XV preguntas del Papa Julio a Gracia Dei sobre las excelencias de la Reina Doña Isabel
  • Libro de los pensamientos variables
  • Las excellencias de la Reina doña Isabel

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Pedro de Gracia Dei". dbe.rah.es. Consultado o 2023.